All posts filed under “Portadas

comment 0

Quen salva un can

Que farías ti por salvar o teu can?

Rai faríao todo. Por amor á súa cadela Nona, Rai lánzase á aventura máis disparatada e, por momentos arriscada, na terra onde os cans falan.Conducido polos cans Brutus Máximus, Matateu von der Lempertaler, Sete e Garlapata, e pola gata Laika (voluntarios da impopular asociación Amigos dos Humanos), Rai terá que atravesar as montañas Xemelgas, cruzar o bosque Escuro, superar o río Inquedo e, o máis importante, descifrar o corazón dos cinco voluntarios.

Aventuras, emoción e humor nunha historia de busca e de sorprendentes achados.

Ficha

Quen salva un can


Ilustraciones de Iria Fafián
Edicións Xerais, 2019, Vigo
Rústica, 208 p. 19×13,5 cm /Idioma disponible: gallego
ISBN: 978-84-9121-534-9

NOVELA DE AVENTURAS

Nena e o mar

Nena e o mar

Porto Balea é unha vila mariñeira na que todos os seus habitantes perderon a esperanza. Só Otto, o último home novo da vila, segue a saír ao mar a diario mentres deixa a Nena, a súa filla e orfa de nai, ao coidado dos habitantes da vila ancantilada. Mais un día Otto non regresa. Dende entón, Nena loitará contra a desidia e cansanzo dos vellos habitantes e, con toda a forza de vontade, o empeño e a valentía que lle collen no seu corpo miúdo, emprenderá, nun pequeno bote, unha aventura temeraria e fantástica para rescatar o seu pai.

Ficha

Nena e o mar

Premio Merlín de Literatura Infantil 2015
Ilustracións de Dani Padrón
Edicións Xerais, 2015, Vigo
Rústica, 178 p. 19×13,5 cm /Língua dispoñíbel: galego
ISBN: 978-84-9914-944-8

NOVELA DE AVENTURAS

Nena e o mar nos medios
Ulises y las cronoamigas

Ulises e as cronoamigas

Ulises é unha brillante estudante, pero a Historia Contemporánea abúrrelle de tal xeito que acaba suspendéndoa. Aínda que o resto das notas son excepcionais, o seu pai, un anticuario entusiasta da Grecia Clásica, envíaa a un estraño campamento de Historia Contemporánea para rapazas, situado no medio de ningures, na remota Illa do Tempo. Armada co seu móbil, tablet, ordenador portátil e MP3, Ulises chega ao campamento e axiña descobre que as súas compañeiras son moi raras, como saídas dun libro de texto… e está no certo! Non só as rapazas veñen de diferentes países, senón tamén veñen de diferentes décadas. A Illa do Tempo é un xigante burato de verme, un atallo no tempo e espacio onde foron a parar as peores estudantes de historia de todos os tempos.

Ficha

Ulises e as cronoamigas. Surfistas en California (aventura nos 50)

Sushi Books
Ilustracións Jacobo Fernández Serrano
Rinoceronte Editora, 2015, Vigo
Rústica, 195 p. 21×14 cm /Línguas dispoñíbeis: galego e castelán
ISBN: 978-84-15920-77-9

NOVELA ILUSTRADA DE AVENTURAS

Ulises e as cronoamigas nos medios
El poder de Amabel

O poder de Amabel

Todos os membros da familia de Amabel teñen superpoderes: unha forza descomunal, a velocidade do raio, unha abriante intelixencia ou mesmo a capacidade de facerse invisible. Pero Amabel aínda non sabe cal é a súa extraordinaria habilidade. Para descubrila, embarcarase en aventuras ben peculiares.

Ficha

O poder de Amabel

Sushi Books
Portada de Pirusca
Rinoceronte Editora, 2013, Vigo
Rústica, 155 p. 20×13 cm / Línguas dispoñíbeis: galego, castelán, catalán e eúscaro.
ISBN: 978-84-15920-00-7

NOVELA DE AVENTURAS

El poder de Amabel

Amabel conquista os teatros

No 2015, O poder de Amabel foi adaptada ao teatro pola compañía Pérez&Fernández.

O poder de Amabel é unha obra de teatro de títeres e actores para público familiar.

O poder de Amabel nos medios
Dadaísmo en Verso, Aldea Poetica

Dadaísmo en verso

Como miran o mundo os nenos? E se lle poñemos palabras ao que ven, que nos aparece?:  sons?, imaxes? Co compoñente lúdico como contrasinal, as letras como xoguetes e o debuxo como escritura, construiuse este libro. Entra e goza. 

FICHA

ALDEA POÉTICA V. DADAÍSMO EN VERSO
Editorial Ópera Prima
Editorial Ópera Prima, 2010, Madrid
Rústica, 173 p. 22×15 cm / Língua dispoñíbel: castelán
ISBN: 978-84-95461-44-5

LIBRO COLECTIVO DE POESÍAS