O poder de Amabel nos medios

Recesións e entrevistas:

Momoko. La Insomne. Fecha: 15.07.2018

El poder de Amabel

«Está claro que libros infantís hai moitos.  É todo un mérito que Érica Esmorís se esforzase en crear un libro ambientado nunha casa real onde os cativos podan descubrir que os personaxes dos contos e das obras que len poidan ser iguais aos da súa propia familia.».

Inmarcesiblemente etérea.  Data: 11.03.2016

«Momentos graciosos, tristes, melancólicos, traviesos, de enfado e incluso de amor e oportunidade. Incluso tamén me atrevería a dicir que Érica fai, a través das pequenas partes do cuento, unha crítica social».

La magia de ser lector. Raquel Campos. Data: 01.10.2015

«Este libro gustoume moito: é moi divertido. As cosas que lle suceden a Amabel pola súa cabezonería de atopar o seu superpoder son divertidas e ocurrentes».

El pie en la marea. Ana Abelenda. Data: 19.05.2014

«Érica contoume que non ten medo a nada, que di o que pensa, que ama os animais, o verán e o movimento, que sabe desenvolverse nas crisis. Antes escribía para facer terapia, agora non. Sale cun músico de raíz. Ten un gato, unha cadela, dous proxectos, unha furgoneta que converteuse no seu fogar. De pequena soñaba con ser normal, quizais sen saber que iso supoñería perder o seu poder especial. Menos mal que non todos os soños se fan realidade».

Kireei. Cristina Camarena. Data: 23.12.2013

«Todos os miembros da familia de Amabel tieñen superpoderes: unha forza descomunal, a velocidade do raio, unha intelixencia deslumbrante ou incluso a capacidade de volverse invisible. Pero Amabel todavía non sabe cal é a súa habilidade extraordinaria. Para descubrilo, embarcarase en aventuras moi peculiares».

Libros y Literatura. Sergio Sancor. Data: 22.12.2013

«Se de algo estou seguro é que esta lectura de O poder de Amabel é unha das mellores que os nenos poden ter hoxe en día. Sorprende, sorprende e moito. Son maior, dígoo sempre, pero iso non me impide poder disfrutar das boas historias cuando son contadas como neste caso».

Blogaliza. Entre a realidade e a fantasía. Manuel Rodríguez Alonso. Data: 17.11.2013

«Na literatura infantil non sempre é doado combinar a fantasía coa realidade. As nenas e nenos gustan nos relatos da fantasía e eles mesmo son produtores de historias máis ou menos fantásticas. Mais tamén incide sobre eles e sobre as súas vidas a realidade cotiá, como pode ser o desemprego e as tensións que esta situación provoca. Este relato consegue a adecuada combinación entre fantasía (fantasía ademais propia da mentalidade dos cativos e cativas) e  realismo, mesmo denuncia social, coa referencia, por exemplo, ao problema do paro e á situación que isto provoca nos nenos e nenas».

En los medios:

Revista CLIJ. Cuadernos de Literatura Infantil y Juvenil. Data: outono 2014

Revista Yes. La Voz de Galicia. Ana Abelenda. Data: 19.05.2014

Galicia Confidencial. Cultura. Armando Requeixo. Dataa: 26.10.2013

«O poder de Amabel é tamén unha intelixente narración onde, de modo ben sutil, se vai debuxando toda unha arañeira de conflitos actuais que contemplados dende a singular percepción dunha nena: o desemprego, as discusións de parella, as enfermidades da vellez, a dificultade da conciliación familiar etc. Por suposto, tamén ao tempo prodúcese unha reafirmación de valores positivos como a unión familiar, a importancia da amizade, a liberdade e a capacidade de soñar e, sobre todo, transmítese unha mensaxe optimista e esperanzada mercé a unha inxel pero efectiva visión do cotián».

La Voz de Galicia. La Voz de la Escuela. Ana Abelenda. Fecha: 23.10.2013

«Penso que é un final que toca o corazón», di a autora. Amabel ten un gran poder, «o único capaz de cambiar o mundo».

Nordesía. Fecha: 03.10.2013

«Amabel vive cos seus pais, a súa avoa e o seu irmán maior e, coa súa ollada de nena desdentada, asiste ós conflitos familiares que se desatan porque o pai quedou sen emprego, a nai tense que poñer a traballar a xornada parcial e non pode coidar da avoa dependente e o seu admirado Bal está máis preocupado do fútbol e das mozas que dos estudos. Con este punto de partida, Érica Esmorís desenvolve as peripecias desta nena e o seu amigo, que goza dunha situación económica oposto á dea, na procra do superpoder que lle corresponde para axudar á failia. E para sabelo, nada ellor que o método de proba-erro. Amabel cóntanos os seus experimentos con abraio e provoca a gargallada ante a frescura da ollada infantil e a lóxica aplastante que a guía para saber se pode voar ou se ten o poder da sanación. Cun estilo directo, a través da voz da propia nena, viaxamos da súa tensa casa á marabillosa piscina do seu amigo Roi, pasamos pola praia e sufrimos os castigos que padece porque ninguén é quen de comprender os seus actos. Rimos e, ó cabo, tamén choramos cunha historia coa que todos nos identificamos. E si, ela ten un superpoder».