Nena e o mar

Nena e o mar

Porto Balea é unha vila mariñeira na que todos os seus habitantes perderon a esperanza. Só Otto, o último home novo da vila, segue a saír ao mar a diario mentres deixa a Nena, a súa filla e orfa de nai, ao coidado dos habitantes da vila ancantilada. Mais un día Otto non regresa. Dende entón, Nena loitará contra a desidia e cansanzo dos vellos habitantes e, con toda a forza de vontade, o empeño e a valentía que lle collen no seu corpo miúdo, emprenderá, nun pequeno bote, unha aventura temeraria e fantástica para rescatar o seu pai.

Ficha

Nena e o mar

Premio Merlín de Literatura Infantil 2015
Ilustracións de Dani Padrón
Edicións Xerais, 2015, Vigo
Rústica, 178 p. 19×13,5 cm /Língua dispoñíbel: galego
ISBN: 978-84-9914-944-8

NOVELA DE AVENTURAS

Nena e o mar nos medios