Nena e o mar nos medios

Recesións e entrevistas:

Pontevedra Viva. Lecturas desde O Alcouce. Adrián Estévez. Data: 05.03.2016

«O texto conta cos ingredentes necesarios para un bo libro de aventuras: unha nena protagonista, seres mito-lóxicos, un grupo de personaxes de acompañamento, e un final que se intúe feliz».

Caderno da crítica. Ramón Nicolás. Data: 22.12.2015

O certo é que Nena e o mar, particularmente, superou as máis esixentes expectativas que depositara nel e, ao meu parecer, convértese nunha das novelas máis solventes e suxestivas neste xénero. 

Libros Lectureka. Data: 14.12.2015

«Nena e o mar é, en conxunto, unha evocadora exaltación de liberdade, xuventude, determinación e tenrura que gustará aos máis pequenos e non deixará indiferentes aos que xa non o son tanto, mesturando realismo e fantasía nunha odisea a pequena escala que agocha nas súas profundidades tantos segredos como o fan as ondas do mar e o alto do faro. Un mapa en branco que encher con marabillosas experiencias».

Faro de Vigo. Faro da Cultura. Data: 19.11.2015

«Novela coral. Un relato ben artellado».

Trafegando Ronseis. Data: 13.11.2015

«Pululando sobre as palabras que ben encadeadas constrúen o texto, valores como a tenacidade e a valentía lémbrannos que podemos mirar adiante sen temor a mirar para os lados, porque a vida é unha construción de variables que debemos ir superando».

Nos medios:

Faro de Vigo.  Data: 10.04.2016.

Según Eva Blanco, coordinadora da biblioteca escolar, “foi unha historia que conectou moi ben cos alumnos de quinto e sexto, xa preadolescentes, polo seu mundo imaxinario cunha protagonista a bordo dun bote no mar nunha aventura temeraria de superación na busca do seu pai”.

El Correo Gallego. Elos de lectura. Data: 27.03.2016.

«Unha nena moi pequena daralles unha gran lección: mentres haxa vida, hai esperanza e futuro».

El Correo Gallego. Data: 08.12.2015.

«É unha historia cunha dobre lectura, é dicir, ten unha vertente de aventuras, atractiva para o público infantil, pero tamén ten unha parte reflexiva que afonda no pasado das personaxes». 

TVG: Zigzag. Data: 26.10.2015. Se queres ver a entrevista completa, dalle aquí

CRTVG: Hora a hora. Data: 15.07.2015. Se queres escoitar a entrevista completa, dalle aquí. 

TVG: Zigzag diario. Data: 09.06.2015

Faro de Vigo. Data: 07.06.2015

“Aínda que vive rodeada de maiores e nunca estivo con outros nenos, non deixa de ser unha nena e, como todos os nenos, non coñece límites e amosa que nada é imposible».

El Progreso. Data: 06.06.2015

«Érica Esmorís destacou da súa obra que contén un xusto equilibrio que permite contar unha aventura temeraria e fantástica ao tiempo que profundiza nas inconclusas historias de todos os vellos habitantes de Porto Balea».

El País. Data: 06.06.2015

«El tribunal considerou que Nena e o mar é un relato redondo, unha aventura de esperanza e valentía na que o ritmo pausado deixa saborear todos os ingredientes dunha vila mariñeira envellecida, ancorado e sen capacidade de loita contra o destino que o abandono deixa».

Sermos Galiza. Data: 06.06.2015

«Érica Esmorís sumaba o seu nome á prestixiosa listaxe do galardón con Nena e o mar».

TVG: Telexornal Premios Xerais. Data: 06.06.2015

Na entrega do premio Merlín:

“Porto Balea é unha vila mariñeira na que todos os seus anciáns habitantes perderon a esperanza, tan só Otto, o último home novo da vila, segue a saír ao mar a diario mentres deixa a Nena, a súa filla e orfa de nai, ao coidado dos habitantes da vila acantilada. Mais un día, Otto non regresa tras naufragar nos dominios das sereas. Nena loitará contra a desidia da súa veciñanza e con toda a forza de vontade, o empeño e a valentía que lle collen no seu corpo miúdo, emprenderá unha viaxe desesperada. 

Nena e o mar é un relato redondo, unha aventura de esperanza e valentía na que o ritmo pausado deixa saborear todos os ingredientes dunha vila mariñeira envellecida, ancorada e sen capacidade de loita contra o destino que o abandono deixa. O poder de evocación é un dos principais argumentos da autora ou autor, que logra recrear unha paisaxe singular na que se mestura a decadencia coa esperanza posta nos ollos dunha cativa que logrará mudalo todo. Nena é unha nena valente, obstinada e que fai da forza de vontade unha bandeira coa que emprender unha perigosa aventura propia de calquera heroína, mais sen deixar de ser unha nena.

A construcción das personaxes casa tamén con ese ritmo pausado, como de marea, que respira todo o libro. As súas historias imos completándoas pouco a pouco, devagar, coma o mar que deita as crebas nunha praia. O vello rosmón Umu, o mellor mariñeiro da vila, que segue a coidar de Anina, a súa longa traiñeira mais que nunca a bota xa ao devalo. A enfermeira Hannah, quen viviu o amor de forma pura e libre e renunciou a el por temor ao desprezo da súa familia. A vella mestra da vila, Aya, quen asume cunha mestura de cariño e frustración o coidado de Nena, cariño pola cativa, á que ama, e frustración porque o tempo que con ela comparte é un recordo do tempo no que a escola fervía de vida. 

Ao longo de toda a narración subxacen unha serie de valores positivos: a tenacidade, a mencionada esperanza, a solidariedade, a valentía, a comunicación, o respecto. Non se trata dun discurso moralizante, os valores están nas xentes da vila, nas súas decisións, sen caer no politicamente correcto. Sen deixarse levar pola simpleza da dicotomía de bos e malos, asume sempre a autora ou autor esa escala de grises que calquera persoa ten e que enriquece fondamente o narrado.

Por último, trátase dunha historia cunha clara compoñente fílmica, onde as imaxes xogan un papel fundamental sen renunciar a acción e á aventura, aventura na que a evolución non se dá unicamente nos protagonistas, toda a vila muda dun modo coral.

Nena e o mar consegue crear unha atmosfera única que configura un relato único e valente, repleto de personaxes que permanecen no recordo e de imaxes que constrúen unha historia realista, mais con espazo para o fantástico e sen renunciar á evocación como arma. Atopar relatos tan ben construídos é o soño de calquera xurado, e como ben di a autora ou autor non hai mentiras nos soños».

Texto creación colectiva de todos los miembros del jurado de la XXX edición del Premio Merlín de Literatura Infantil (Alicia Borrás, Dani Padrón, Daniel Landesa, Carmen Pereiro González e a propia Celia Pereira Porto) y escrito por Daniel Landesa.