Lúa Kalandraka
comment 0

Nuestras lecturas destacadas de 2017: Erin

Aínda a risco de grandes descubrimentos (aos que daremos a benvida entre sabas e aclamacións), a familia Ward Esmorís ou Esmorís Ward facemos a nosa listaxe coas nosas mellores lecturas deste ano 2017 que se xa achega ao seu fin.

As lecturas destacadas de Erin:

Erin é un bebé de palabras e co seu dediño e sen necesidade de facer vibras as súas cordas vocais mostra o seu criterio como lectora. Erin ten peluches, bonecos, xoguetes de madeira e electrónicos, pero, para ela, (non se se engadir o adverbio aínda) calquera entretemento sen follas de papel é invisible. Unicamente quere que lle leamos!

Se coa súa estrondosa tenacidade non consegue un lector entregado (raro é!), confórmase con pasar as follas de cartón dos seus libros favoritos. O libro pode estar ao revés e ela pode pasar as páxinas de dúas en dúas ou quedar absorta nunha delas mentres o mundo vira e xira e nós, a súa familia, sacamos a pasear ao gato ou lle cambiamos o areeiro ao can (hai un ano que o descanso non se adxectiva con reparador).

Lúa de Antonio Rubio e Óscar Villán. Kalandraka.

Lúa de Antonio Rubio e Óscar Villán. Editorial Kalandraka.

Luá de Antonio Rubio y Oscar Villán, da editorial Kalandraka

Lúa foi o primeiro libro que lle regalei a Erin e, cando o comprei, por recomendación de Esther Gómez de Moito Conto, Erin chamábase Matilda e nadaba dentro de min.

Lúa, en galego e dunha editorial galega, foi o primeiro título da súa biblioteca, que, como a súa dona, crece a estiróns e ameaza con ser looonga e divertida.

Esther aseguroume que ese libriño —e todos os da colección Do berce a lúa— sería un gran éxito e fixo que Chus, do seu equipo, mo cantase.  Estaba eu preparada para cantarlle ao meu bebé? Matthew dixo que non, pero non pola miña particular forma de entender a maternidade, senón porque sempre me acusou de cambiar de ton con unha molesta (e eu engadiría, envexable) mestría.

Erin naceu e eu canteille Lúa e non lembro ningunha noite tempestuosa, senón unha necesidade, de ambas, por chegar, a unha mesma palabra do libro: Corazón. Agora, que ten catro dentes e catorce meses de sabedoría, cando escoita esas tres sílabas ou cando «le» soa e o descobre, colorado e narigón, na penúltima páxina, inmediatamente leva a man ao peito e imita o bombeo do corazón, exactamente o bombeo do meu corazón, que se desboca coa mesma lixeireza coa que ela move rítmicamente a súa man.

Lúa

Do berce a lúa, poemas visuales para ser cantados

Outras lecturas destacadas de Erin:

Proximamente, as lecturas destacadas de Matthew e as mía:
Libros destacados 2017

Libros destacados 2017

Leave a Reply