Prohibido leer a Lewis Carrol
comment 0

Club de lectura Perigosas Criaturas: Prohibido leer a Lewis Carrol

Eles son Perigosas Criaturas: teñen entre nove e doce anos e gústalles ler e, o que os fai máis perigosos, saben escoitar, dialogar e valorar as opinións dos demais. O último venres de cada mes, con rigorosa puntualidade, reúnense na preciosa librería de Moito Conto e, sempre entre historias, falan de libros: do libro que compartiron ese mes e de todos os libros albergan e crecen dentro deles, porque, aínda que son baixiños e parecen indefensos, que non vos enganen!, son perigosos e van armados (xeralmente, dun libro e de centos de universos).

Tiven a sorte de que me acepten no seu club e que me permitan sentarme na butaca vermella a escoitalos. Debe de ser porque coñezo a receita para minguar, pero non é a de ningunha beberaxe, como o que encolleu á Alicia de Lewis Carrol; a receita para minguar é moi sólida: un litro de curiosidade, 300 gramos de emoción, medio toro de intensidade, unha cucharadiña de optimismo desgraxado, un ramallete de enerxía fresca, un dente de credulidade e unhas pingas de rebeldía.

Con todo o dito e co que se dirá —e sen ningunha aportación desta suertuda sobreviviente— escribo esta categoría na miña recentemente estreada páxina web: club de lectura Perigosas Criaturas.

Club de lectura Perigosas Criaturas

Cartel del club de lectura Perigosas Criaturas

A primeira lectura de Perigosas Criaturas, é Prohibido ler a Lewis Carrol, escrita por Diego Arboleda, ilustrada por Raúl Sagospe e editadoa por Anaya, e, por unanimidade, a elección para o seu bautizo como club non podía ser máis acertada.

Diego Arboleda conquistounos e desde as primeiras páxinas. Riron e varias veces, e riron a gargalladas, sobre todo cun personaxe cuxo nome non deixaba de repetirse: Timothy Stilt, o longo, fraco e esfameado tío da nena Alice. O gran triunfador da reunión!  A todos gustaríalles coñecer a Timothy Stilt e, desde Moito Conto, animan ao autor a escribir un spin off sobre o spiderman tragón (secundo a petición).

Catro foron os momentos que lles emocionaron (dos que non escribirei por non arruinar a trama ao —desafortunado— que non lera o libro) e un deles, como sucede cos bos libros, é o final e si, o final é emocionante e redondo, pero, aínda que as Perigosas Criaturas recoñecen como autor do texto a Arboleda, reclaman a autoría do último punto final. Este punto final ten forma e son de Ahhhhh (de Ahhhhh de estupefacción, non de Ahhhhh, hai unha araña xigante sobre o teito fitándome aos ollos). Ese Ahhhhh coa que o club pechou o libro foi exclamado cando descubriron que a historia, tan surrealista e con personaxes tan cómicos, está baseada no encontro real entre Alice Liddle, a nena que inspirou o Alicia en el País de las Maravillas de Lewis Carrol e Peter Davies, o neno que inspirou o Peter Pan de James Barrie. Que punto e final!

O tema do libro fíxoos falar das paixóns: polos libros, cómics ou películas e, como a nena Alice, eles tamén estarían dispostos a todo (e puntualizaron: a todo dentro dos límites que marca o sentido común —son perigosos, pero tamén precavidos) por recrear o universo ou coñecer ao escritor ou protagonistas de Spiderman, Harry Potter, Túneles, El funcionamento del corazón, A señorita Bubbe ou Kika superbruja, entre outros. Coinciden en que é perigoso vivir sen paixóns e que esperan con ansia (e algúns co libro de Los descazadores de especies perdidas debaixo do brazo) a publicación do próximo libro de Diego Arboleda.

Gustoulles a edición, encantáronlles as ilustracións de Raúl Sagospe (que lles lembraron ás de Quentin Blake) e, de non titularse Prohibido ler a Lewis Carrol, eles suxiren un Estarás inmediatamente despedida. Recomendarano aos seus amigos e tamén aos adultos e pagarán a súa entrada—e unha boa ración de flocos de millo— se algún día a historia rube, como o seu inesquecible Stilt, á gran pantalla.

 

Leave a Reply