*BENVIDO, BIENVENIDA, WELCOME*
(Páxina en construción)
Querido visitante, querida visitante, a miña páxina é a túa páxina. Por favor, síntete como na túa casa.
Que gratificante é recoller a colleita, sobre todo, se a sementeira se fixo con tanto cariño: dez anos despois, volvo ser gañadora do Premio Merlín de Literatura Infantil de Xerais 2025 co texto Erin e o lobo.
Estes foron. sen dúbida, meses moi produtivos.
En outubro do 2024 gañei o Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil co texto Esta é a miña historia e terás que crela e quedei de finalista co O Peculiar, que gañou o Premio Follas Novas. Póder ser máis afortunada?
Meses antes, en abril do 2024 publiquei Benita y Malva y el crímen del crítico gastronómico, co que quedara finalista do premio Ala Delta (Editorial Edelvives e Editorial Tambre) e, xunto a Dani Padrón, o álbum ilustrado Analfabeta (Edicións Xerais e Aletria Edicións), que quedou finalista do Premio Associaçao de Escritores e Ilustradores de Brasil.
Ademais tiven tempo para sentar e escribir. Hai uns meses rematei unha novela sobre pantasmas na procura de comodidades (que sairá no 2027 en Oqueleo, creo que co nome de A miña panda pantasma), unha novela de humor absurdo (e centos de ovellas) e unha xuvenil (o atrevemento...).
Deime vacacións, pero son moi mala xefa e traballo (un pouquiño) en dúas ideas, ambas para un público adulto; quizais unha vindeira novela e a biblia dunha serie de ficción. Ai, debería descansar (e recoller a casa).