Lea pasa as tardes dos venres co seu avó, que é porteiro dun edificio. Unha profesión en perigo de extinción! O baixo do avó parécelle moi aburrido, agás polo patio de luces, ao que lle está terminantemente prohibido saír. En canto o avó volve ao traballo, Lea desobedece e vai ao patio para observar a roupa dos tendais e fantasiar con como será a vida deses veciños aos que nunca viu. Serán tal e como Lea os imaxina?
Ficha
Patio de luces
XI Premio de Narrativa Infantil Ciudad de Málaga
Ilustracións de Juan Berrio
Edicións Xerais, 2020, Vigo
Idioma: galego
Tapa dura, 96 páginas, 13 x 20
ISBN: 978-84-9121-764-0
REALISMO / RELACIÓNS HUMANAS