Quen son

Fotografía de Nelson Corsino

Paso as horas diante do meu ordenador, para o que tanto aforrei e ao que adoro na intimidade da luz do flexo. Gústame a praia, conducir a miña furgoneta, os cans, pasar as horas na auga e non sentir frío, comer coas mans e escribir. Non me gustan os espertadores, tampouco facer a cama e o que menos, os pementos (si, sufro de pementofobia).

Da miña infancia destaco a miña tenacidade, que non teimosía, por converterme “de maior” en veterinaria e escritora e a miña admiración pola indomable Pippi Langstrumpf. O primeiro conseguino —son veterinaria e tamén, autora—, e o segundo levoume ata a illa de Gotland, en Suecia, á mesma casa de Pippi.

Conquistando Gotland

Escribo dende moi pequena. Na casa dos meus pais hai caixas enteiras cheas de contos e xornais caseiros froitos do delirio infantil que sobreviviron ao deseño minimalista da miña nai: historias orixinais, adaptacións e noticias familiares acompañadas sempre de ilustracións, ao principio escritas a man, despois coa máquina de escribir que o meu pai prexubilou tras a compra do seu primeiro Spectrum.

Despois de rematar a carreira e de traballar algúns anos, colguei as miñas botas de goma de veterinaria para seguir o gusaniño da creatividade. Decisión que non sorprendeu a quen me coñecía.

A miña formación en dramaturxia sucedeu, dun modo case natural, nos departamentos de desenvolvemento e guión das máis importantes produtoras galegas. Guións de curtametraxes, longametraxes, adaptacións a novelas… O audiovisual influiu na miña maneira de traballar as historias, importando a estrita organización do guión: storyline, sinpose, escaleta, tratamento e primeira, segunda e tercera versión do libro!

Estreneime no mundo editorial con Aldea Poética. Dadaísmo en verso (editorial Ópera Prima, 2010), un libro de poemas para nenos no que comparto autoría con Ouka Lee, Luis Eduardo Aute ou Rafael Soler, entre outros, e ao que aporto dous poemas dadaístas: “Pinzas aladas” e “Palabras jaula”.

No ano 2013 publiquei a novela infantil O poder de Amabel coa editorial Sushi Books, unha nova editorial que creu en min e apostou polo meu primeiro libro. Autotraducín O poder de Amabel do galego ao castelán —El poder de Amabel— y también está traducido al catalán —El Poder De L’amabel— e eusquera —Amabelen boretea—. En xaneiro de 2016, O poder de Amabel foi adaptado ao teatro pola compañía Pérez & Fernández con gran éxito de público e crítica.

No verán de 2015 publiquei a miña segunda novela, para un lector preadolescente, Ulises e as cronoamigas (galego) e Ulises e as cronoamigas (castelán), tamén con Sushi BooksAventura nos 50: Surfistas en California é o primeiro  título dunha serie de libros para rapaces entre 8 e 12 anos ilustrada polo xenial Jacobo Fernández Serrano.

Pocos días despois da presentación de Ulises e as cronoamigas, o seis de xuño de 2015, na Illa de San Simón, recollín o prestixioso premio Merlín de Literatura Infantil da editorial Xerais pola novela Nena e o mar. O libro, coas marabillosas ilustracións de Dani Padrón, mantúvome ocupada de colexio en colexio durante todo o curso escolar 2015-2016 e fixo de pasaporte literario para acceder ás feiras internacionais do libro, a de Fránkfurt (Alemania) e a de Guadalajara (México).

Recollendo o premio Merlín

Érica Esmorís nos medios