Ulises y las cronoamigas

Ulises e as cronoamigas

Ulises é unha brillante estudante, pero a Historia Contemporánea abúrrelle de tal xeito que acaba suspendéndoa. Aínda que o resto das notas son excepcionais, o seu pai, un anticuario entusiasta da Grecia Clásica, envíaa a un estraño campamento de Historia Contemporánea para rapazas, situado no medio de ningures, na remota Illa do Tempo. Armada co seu móbil, tablet, ordenador portátil e MP3, Ulises chega ao campamento e axiña descobre que as súas compañeiras son moi raras, como saídas dun libro de texto… e está no certo! Non só as rapazas veñen de diferentes países, senón tamén veñen de diferentes décadas. A Illa do Tempo é un xigante burato de verme, un atallo no tempo e espacio onde foron a parar as peores estudantes de historia de todos os tempos.

Ficha

Ulises e as cronoamigas. Surfistas en California (aventura nos 50)

Sushi Books
Ilustracións Jacobo Fernández Serrano
Rinoceronte Editora, 2015, Vigo
Rústica, 195 p. 21×14 cm /Línguas dispoñíbeis: galego e castelán
ISBN: 978-84-15920-77-9

NOVELA ILUSTRADA DE AVENTURAS

Ulises e as cronoamigas nos medios